Tuesday 22 de April de 2025

Abegondo regalará literatura aos veciños para celebrar o Día do Libro


· As persoas que se acheguen á Casa do Concello e á Biblioteca Municipal ao longo da semana recibirán exemplares gratuítos.

Abegondo celebrará o Día Internacional do Libro, e farao regalando literatura á cidadanía. Os veciños que se acheguen á Casa do Concello e á Biblioteca Municipal ao longo desta semana serán obsequiados cun libro. O Concello habilitará dúas casetas en ambas as instalacións municipais con títulos pertencentes a distintos xéneros literarios e dirixidos a veciños e veciñas de todas as idades.

Trátase dunha actividade que o Concello organiza desde hai anos e que conta cunha gran aceptación. O obxectivo non é outro que promover a lectura entre a cidadanía.

Ampliación do catálogo

O Concello acaba de recibir unha axuda de 3.113,73 euros da Xunta coa que se ampliará o catálogo da Biblioteca. Esta contía servirá tanto para mellorar as coleccións bibliográficas da dependencia incorporando, ademais, as últimas novidades editoriais en galego.

Deja un comentario