
O prazo de presentación de solicitudes ábrese mañá, mércores 23 de abril e estará aberto ata o 29 do mesmo mes.
O Concello de Miño informa da contratación de cinco persoas para o control de ÓRAA no aparcamento da praia Grande durante a tempada de verán 2025. O prazo de inscrición para acceder a estes postos comezará mañá, mércores 23 de abril.
As persoas estarán contratadas durante un período de 3 meses, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, e deberán presentar a súa solicitude a partir de mañá, mércores 23 de abril, presentando o modelo que poden atopar en https://www.concellodemino.gal/gl/post/contratacion-laboral-temporal-de-cinco-controladoras-é-de-ora. O prazo de presentación estará aberto ata o martes 29 de abril.
Esta medida responde á necesidade de reforzar a xestión do estacionamento nunha das zonas máis concorridas do municipio durante os meses estivais. Co notable incremento de poboación que Miño experimenta no verán, resulta imprescindible garantir unha organización adecuada do tráfico e do uso dos espazos públicos, especialmente en áreas de gran afluencia como a praia Grande.