Saturday 07 de June de 2025

XXXVIII Marcha Popular do Barbanza


O mes de maio botará a andar na Pobra do Caramiñal coa XXXVIII Marcha Popular do Barbanza no 1 de
maio que organizan conxuntamente a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal.

Ao longo de 22 quilómetros, coa saída a pé dende a Curotiña co itinerario que se levará camiñando por distintos sendeiros pasando entro outros lugares por Mosquete e desfrutando das paisaxes da serra ata concluír na Pobra.

Procederase coa saída ás 10.15 horas dende o aparcamento do recheo e prevese a finalización arredor das 18.30 horas, con parada para o xantar. Habilitarase servizo de autobús para o traslado das persoas participantes ata o lugar da saída a pé.
“Apoiamos un ano máis a xa tradicional andaina que conxuga paisaxe e exercicio físico”, en palabras do concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, quen destaca a gran aceptación desta cita que no pasado ano contou con máis dun cento de camiñantes na expedición.

Durante todo o percorrido contarase coa colaboración da Protección Civil pobrense.
A inscrición é de balde e tramitarase no Departamento dos Deportes, con oficina na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 09.00 a 15.00 horas, ou mediante os teléfonos de contacto 981831545 e 619229946.