Tuesday 22 de April de 2025

Accidente con tres vehículos implicados no Concello de Zas


O parque provincial de Santa Comba recibiu onte á tarde aviso por un accidente de tráfico con tres vehículos implicados no punto quilométrico 19 da AC-404, na parroquia de Lamas, no Concello de Zas.

Ao chegar ao lugar, comprobouse que dous dos vehículos obstruían o carril esquerdo en dirección a Baio, e un terceiro se atopaba fóra da vía.

Tras confirmar coa Garda Civil que podían iniciar as súas labores, os bombeiros centraron a intervención na desconexión das baterías dos tres vehículos. Para poder restablecer o tráfico, empregaron o cabestrante para mobilizar un dos coches e liberar o carril dereito.

Finalmente, procederon á limpeza dos restos plásticos na calzada e ao tratamento de pequenos derrames de líquidos que deixaran os vehículos. O servizo finalizou ás 17:55 horas.

Deja un comentario