
A Praza do Concello acollerá o 3 e 4 de maio, en horario de 10:00 a 19:00 h, os mellores postos de alimentación e artesanía.
A praza do Concello das Somozas acollerá a I Feira Multisectorial Agrícola, organizada polo Concello.
A cita, que terá lugar os días 3 e 4 de maio, celebrarase en horario de 10:00 a 19:00 horas e as persoas que acudan poderán visitar unha ampla variedade de postos de alimentación e artesanía.
“Estamos seguros de que esta primeira edición vai ser todo un éxito”, afirmou o alcalde, Juan Alonso Tembrás, que salientou que “a veciñanza e persoas visitantes poderán gozar dos mellores postos de alimentación e artesanía”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.