Monday 21 de April de 2025

O concello da Pobra do Caramiñal énchese de libros polo Día Internacional do Libro


A Pobra do Caramiñal celebra o Día Internacional do Libro cunha xornada chea de actividades dirixidas a todos os públicos.

Patricia Lojo, concelleira de Cultura, explicou en que consistirán os eventos previstos para o vindeiro mércores, 23 de abril:
– Ás 16:00 h comezará a solta de libros, unha actividade que “ten como obxectivo incentivar a lectura en todas as idades, cun formato diferente ao que a veciñanza está NOTA DE PRENSA
acostumada, como os intercambios de libros de segunda man. Nesta ocasión, os libros que se repartirán pola vila son novidades moi recentes”.

– Ás 19:00 h terá lugar a presentación e contacontos de Las princesas también tienen los pies apestosos, un libro bilingüe (castelán e inglés), que será presentado pola súa propia autora, Lynette White.
Pola súa parte, Loló Fernández, bibliotecaria da Pobra do Caramiñal, achegou máis detalles sobre a solta de libros: “Repartiranse catro exemplares de libros actuais por diferentes puntos do pobo, escollidos por seren lugares emblemáticos e relacionados dalgún xeito coa literatura ou con escritores. Os libros estarán destinados a público infantil, xuvenil e adulto”.
“Os participantes deberán achegarse á biblioteca para recoller unha única pista por unidade familiar, relacionada con cada libro, para así poder atopalo. Recomendamos vir cedo, para ter máis posibilidades de éxito. Unha vez atopado o exemplar, convidamos a volver á biblioteca para amosalo!”, engadiu Fernández.

Sobre esta mesma actividade, a concelleira Patricia Lojo quixo engadir: “No caso de que algún exemplar non sexa atopado, será recollido e posto á disposición da veciñanza na biblioteca municipal. Non queremos que ningún libro quede sen ser lido!”.

Deja un comentario