Monday 21 de April de 2025

O Programa Integrado de Emprego inicia dúas novas accións formacións


A iniciativa é organizada polo Concello e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

O Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello da Laracha comezou hoxe dúas novas formacións. Por unha banda, principiou a formación de Xestión e control de compras e stock de almacén, na que participarán 15 persoas. E por outro lado tamén se deu inicio ao itinerario formativo de Coidador/a de comedor escolar e manipulador de alimentos. Neste caso o grupo é máis reducido, de 11 persoas.
Antes da Semana Santa rematara con éxito o curso de Atención ao cliente. 14 persoas desempregadas da Laracha participaron activamente nesta formación, de 30 horas de duración, deseñada para reforzar as súas habilidades profesionais e abrir novas oportunidades no competitivo mercado laboral.
Desde o servizo de orientación laboral do PIE promoverase a realización de prácticas non laborais en empresas colaboradoras. Con este fin, realízase un labor de prospección laboral, tanto achegándose ao sector empresarial comarcal como xestionando ofertas de emprego remitidas por empresas que se atopan na procura de persoal capacitado.
Se algunha empresa está interesada pode poñerse en contacto co PIE por teléfono chamando aos números 981309891, 981612811 e 621007079, ou por correo electrónico en programaintegradoemprego@alaracha.gal.
O Concello da Laracha, co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, continúa apostando polo desenvolvemento de políticas activas de emprego poñendo en marcha iniciativas dirixidas a mellorar a formación das persoas que se atopan en situación de desemprego coa finalidade de aumentar as súas opcións de inserción no mercado laboral.

Deja un comentario