
― O obxectivo é mellorar a seguridade na intersección entre as estradas AC-862 e AC-115, actualmente regulada por semáforos
― Os traballos, cun prazo de execución de cinco meses, permitirán dotar esta zona dunha rotonda que contribuirá a favorecer a fluidez do tráfico
― Actuarase nos treitos de acceso e saída da glorieta e tamén se intervirá nos entronques do viario local á rotonda
A Xunta vén de recibir 6 ofertas de empresas para executar a construción dunha nova glorieta en Xuvia, no concello de Neda, cun investimento de case 370.000€.
O obxectivo é mellorar a seguridade viaria, reformando a intersección entre as estradas AC-862, no seu punto quilométrico 7+280 de xeito aproximado, e a AC-115, actualmente regulada por semáforos.
Os traballos, cun prazo de execución de cinco meses, permitirán dotar esta zona dunha rotonda cunha circunferencia de radio 16 metros no anel exterior da calzada, e 8 metros de diámetro no anel interior, que será de formigón cunha pequena zona verde interior.
Ademais actuarase nos treitos de acceso e saída da glorieta da AC-862 e AC-115, nos que se realizarán adaptacións pola implantación desta nova infraestrutura.
Tamén se intervirá nos entronques do viario local á glorieta, onde é especialmente relevante o enlace do camiño que entronca actualmente con visibilidade deficiente na AC-862.
Esta intervención contribuirá a mellorar a fluidez do tráfico nesta contorna e por conseguinte, incrementar a seguridade viaria na zona.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.