Monday 21 de April de 2025

Gran acollida do campamento de conciliación familiar de Semana Santa das Somozas


• Un total de 10 nenos e nenas participaron nestas actividades que tiveron lugar no Centro de Ocio durante os días 14,15,16 e 21 de abril.

• A rapazada goza de obradoiros, xogos, experimentos e máis actividades.

• “Esta iniciativa, totalmente de balde, permite ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar durante as vacacións escolares de Semana Santa”, destacou Tembrás.

O Concello das Somozas organizou, un ano máis, o campamento de conciliación familiar de Semana Santa, unha iniciativa gratuíta dirixida á rapazada do municipio.

Un total de 10 nenos e nenas participaron nestas actividades que volveron a contar cunha gran acollida e onde a rapazada asistente gozou de obradoiros, xogos e moitas máis actividades.

Os campamentos desenvolvéronse coincidindo cos días non lectivos en educación e remataron hoxe, 21 de abril. Esta iniciativa incluíu diferentes propostas de actividades lúdico-educativas orientadas a promover valores como o respecto mutuo, a tolerancia, a igualdade e a colaboración, encamiñados a facilitar a convivencia entre os/as menores.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, destacou que “esta iniciativa, totalmente de balde, permitiu ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar durante estas vacaciones escolares de Semana Santa”.

Deja un comentario