Monday 21 de April de 2025

Uns 300 deportistas participarán este domingo no Campionato provincial de dúatlon escolar “Xogade”


O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, o presidente da Fegatri, Javier Campos, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron hoxe o Campionato provincial de dúatlon escolar “Xogade”, promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración co Concello de Narón, a citada entidade deportiva local e a Federación Galega de Tríatlon. A convocatoria, tal e como indicou Santalla, celebrarase este domingo, día 27, a partir das 10:30 horas na zona do polígono das Lagoas e na mesma participarán uns 300 deportistas.
Os participantes saen das probas clasificatorias disputadas previamente nos concellos de Valdoviño e Santiago de Compostela e representarán, tal e como apuntou Guerrero, aos clubs: Hércules Termalia, CN Cedeira, CN Riveira,
Olímpico de Vedra, CT Compostela, CT Betanzos, CT Coruña, Escola
Triatlon de Outes, Triatlón Ferrol, Inforhouse de Santiago, Triatlon
Atlántico, AD Fogar e Náutico de Narón. Disputaranse as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e tanto a saída como a meta estará na rúa Camiño Maderas Fernández.
O presidente da Fegatri agradeceu a implicación do Concello de Narón e do Náutico de Narón para organizar este evento deportivo na cidade. Pola súa banda, o concelleiro de deportes, destacou a importancia de convocar este tipo de campionatos e a colaboración entre diferentes administracións e entidades deportivas para poder levalas a cabo. A maiores, Santalla recordou que esta fin de semana será intensa para o Náutico de Narón, que o sábado pola tarde participará na piscina da Gándara na quinta xornada da liga benxamín e alevín, coa presencia tamén do CN Ferrol, Marina Ferrol, CN Cedeira.

Deja un comentario