
As entradas para o espectáculo ‘Rhythm of the Dance’ sairán á venda este martes 22 de abril
A Compañía Nacional de Danza de Irlanda actuará no Teatro Colón da Coruña os días 6 e 7 de novembro. As entradas para o espectáculo ‘Rhythm of the Dance’ sairán á venda este martes, 22 de abril. “Desde o Goberno de Inés Rey seguimos apostando por actuacións e espectáculos singulares e exclusivos nos nosos espazos culturais, amosando o folclore de países como Irlanda coa súa compañía de referencia”, sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
A Compañía Nacional de Danza de Irlanda presentará o seu espectáculo de danza ‘Rhythm of the Dance’, que puxo en pé a audiencias de todo o mundo durante máis de 24 anos. Visto por 7 millóns de persoas en máis de 50 países, o pasado 2024 celebrou o seu 25 aniversario. Trátase dun dos tres espectáculos irlandeses máis importantes do mundo.
Con músicos tocando en directo, cantantes e bailaríns de primeira liña mundial, o espectáculo é unha experiencia completamente cativadora de ritmos palpitantes interpretados á velocidade do raio e con fantásticas coreografías. Unha viaxe a través da historia de Irlanda, desde a antiga, rica en lendas e mitos, ata a Irlanda moderna e urbana que vemos hoxe, chea de talento.
Irlandés en esencia, cun novo toque desde as súas raíces en Sean Nos (que significa estilo antigo) ata o estilo moderno que vemos hoxe, esta nova produción de ‘Rhythm of the Dance’ leva á audiencia nunha emocionante viaxe sen descanso durante dúas horas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.