Monday 21 de April de 2025

Gonzalo Muíños aborda co comité de empresa de XADE o futuro da xes=ón das instalacións deportivas de Santiago ante o remate da concesión o vindeiro ano


Os representantes dos traballadores compar0ron con Muíños e Castro a preocupación ante a “falta de planificación” por parte do execu0vo local

 En maio do 2026 rematará a concesión pola que a sociedade mixta XADE xestiona o Multiusos Fontes do Sar, as piscinas e o complexo depor0vo municipal de Santa Isabel

En algo máis dun ano rematará a concesión pola que a sociedade mixta “Xes9ón de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L.” (XADE) xestiona na actualidade o Multiusos Fontes do Sar, as piscinas e o complexo deportivo municipal de Santa Isabel. Unha situación ante a que Gonzalo Muíños reclama planificación ao execu9vo de Sanmartin coa vista posta en que, nese futuro modelo de xestión polo que se opte, se inclúa tamén a xestión do novo complexo depor9vo de Santa Marta que os socialistas incluíron no acordo de orzamentos.

Muíños, que xa preguntara sen éxito sobre este asunto ao goberno local no pleno do pasado mes de marzo, reuniuse agora co comité de empresa de XADE. Unha reunión coa representación dos traballadores, na que participou a tamén edil socialista, Mila Castro, na que puideron comprobar a “inquedanza” tamén do persoal polo remate da concesión e a “falta de noticias sobre cal vai ser o modelo de xes9ón a partir do vindeiro ano”.
“É o momento de tomar decisións importantes ao respecto do seu futuro e comezar a traballar na procura do modelo de xestión máis sostible e viable” defendeu Muíños que recalcou ademais que nesa futura decisión debe terse en conta que a sociedade mixta que se ocupa actualmente da xestión conta con 109 empregados entre a xerencia, monitores, cafetería, mantemento e limpeza. Unha decisión na que tamén debe pesar, segundo recalca o portavoz socialista, a importante inversión en máquinas e equipos deportivos que habería que precisan as instalacións: “haberá que realizar importantes inversións para que as dúas instalacións deportivas poidan ser competitivas fronte unha oferta privada que vai en aumento”.

Novo complexo en Santa Marta

Muíños recalcou ademais que, nesa reflexión sobre o modelo de xestión para o futuro das instalacións deportivas que agora dependen de XADE debera terse en conta o novo complexo deportivo previsto en Santa Marta. Unha nova instalación cuxo proxecto xa fora aprobado en abril do 2023, con Sánchez Bugallo aínda como alcalde, e polo que xa preguntara o propio Muíños no pleno de decembro.

Lembran os socialistas que a licitación para a construción dese complexo deportivo para dar servizo á zona sur de Compostela forma parte do acordo de orzamentos asinado en xaneiro, polo que Muíños reclama axilidade na súa tramitación.

O proxecto para o complexo deportivo de Santa Marta que presentaran os socialistas mentres estaban na alcaldía contemplaba a creación dunha nova área deportiva municipal de 6.000 metros cadrados con piscina, catro pistas de pádel, unha sala polivalente duns 1.000 metros cadrados, e outras catro salas de actividades, unhas delas de 200 metros. Tamén se contemplaba nese proxecto a creación de preto dun centenar de prazas de estacionamento.

Deja un comentario