
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira balizaron o perímetro dunha nave industrial no lugar de Couso-Aguiño, no concello de Ribeira. Esta actuación desenvolveuse ao ser avisados para retirar unhas chapas metálicas no tellado do inmoble, pero as condicións meteorolóxicas impedían empregar a escaleira automática, polo que os bombeiros optaron por balizar o perímetro e a entrada á nave.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.