
As conexións cos hospitais, o autobús nocturno e o barrio de Xuxán son os temas máis recorrentes nas mensaxes recibidas
O Concello da Coruña recibiu máis de 250 mensaxes a través do buzón de suxestións habilitado no marco do estudo para a definición do novo modelo de autobús urbano, como parte do proceso participativo posto en marcha para implicar á cidadanía no deseño da futura rede de transporte. Ao cumprirse un mes desde a súa apertura, máis de 250 persoas utilizaron o correo participabus@coruna.gal para facer chegar as súas propostas.
En canto aos temas máis recorrentes está a mellora das conexións cos hospitais, arredor do 27% das suxestións recibidas son sobre a necesidade dunha maior conexión cos centros hospitalarios.
Así mesmo, a ampliación do servizo de autobús nocturno ou dos horarios nas liñas diurnas foi obxecto do o 22,3% das suxestións. Ademais, o 24,3% das mensaxes proceden de veciños e veciñas do barrio de Xuxán, sendo 61 as suxestións as recibidas polo Concello solicitando unha conexión directa. Tamén se identificaron como temas transversais unha maior intermodalidade, con propostas de adaptación dos horarios dos autobuses aos do tren e do transporte metropolitano.
Rey valorou a participación e explicou que “o volume e a calidade das achegas amosan que a veciñanza está moi implicada en construír un transporte público máis eficiente, humano e conectado coa realidade diaria da Coruña”.
Próximos encontros
O vindeiro xoves 24 de abril, ás 18.00 horas, terá lugar o seguinte dos encontros. O cuarto dos 11 programados polo Concello ate o mes de xuño, co obxectivo de recoller unha ampla representación dos veciños e veciñas da Coruña.
O calendario previsto é este:
● 24 de abril: Centro Cívico de Monte Alto
● 6 de maio: Centro Cívico de Monelos
● 20 de maio: Centro Cívico do Birloque
● 29 de maio: Centro Cívico dos Rosales
● 5 de xuño: Fórum Metropolitano
● 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís
● 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña
● 14 de xuño: Circo de Artesáns
As persoas interesadas en participar nalgún ou nalgúns dos once Encontros de Barrio programados ata mediados de xuño xa poden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón. Ademais, toda a información sobre o proceso participativo estará dispoñible nesta web específica.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.