
Asistir a 91 accidentes de tráfico, 48 auxilios a persoas, 29 anomalías na vía pública, 18 comprobacións de alarmas, 72 obxectos perdidos ou 67 accións relacionadas coa violencia de xénero son algunhas das cifras que se recollen no balance dos tres primeiros meses da Policía Local de Oleiros.
Un período no que se contabilizan un total de 1.379 actuacións, unha media de quince cada día, ás que hai que sumar o constante labor de vixilancia. Un traballo sobre todo preventivo que ofrece datos como as 290 xestións de investigación que se realizaron para outros servizos municipais, dos que 41 corresponderon á disciplina urbanística (ruídos, terrazas, obras, licenzas, etc).
Relacionado cos coches, nos tres primeiros meses do ano, ademais de asistir aos accidentes de tráfico, realizáronse 47 controis de seguridade, dos que 30 foron relacionados co estacionamento. Retiráronse 31 vehículos co guindastre por distintos motivos. Da sinistralidade viaria houbo 4 atropelos e 28 alcances entre vehículos ou outros obstáculos. Tamén figuran a identificación e retirada de 16 vehículos abandonados na vía pública.
No que ten que ver coa seguridade das persoas rexistráronse dúas intervencións coas que lograron evitar ameazas de suicidio, outras dúas en violencia de xénero e unha en ameaza por ataque físico. Nestes tres meses houbo 2 roubos con violencia e un en establecemento público, e tamén houbo 50 chamadas para mediar en conflitos privados entre particulares.
Sete incendios e 9 inundacións foron outros fitos que rexistra o informe trimestral, que fala de 40 árbores destrozadas, 38 cables soltos e 29 anomalías na vía pública, datos sen dúbida relacionados coa invernía.
En relación aos animais rexistráronse no período 22 cans ceibos, 5 animais mortos, outros tantos extraviados, 2 cans abandonados e 3 mal coidados.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.