
Deste xeito, os días 14, 15, 16 e 21 de abril funcionará o programa Concilia no Recuncho dos Nenos (rúa Barcelona, número 18, entrechán dereito), desde a hora habitual de inicio do servizo ata o fin da xornada lectiva, é dicir, de 07.00 a 14.30 horas. O custe do servizo, tal como establece a ordenanza que o regula, será de 8,24 euros por día, con almorzo incluído. As familias deberán deixar e recoller aos escolares no citado local.
Para realizar a solicitude é preciso cubrir o formulario que pode descargarse na páxina web ou recollerse no edificio de Servizos Sociais. A non asistencia ou as anulacións posteriores á data de finalización do período establecido suporán o aboamento do servizo. Dado que o número de prazas é limitado, a adxudicación farase por orde de solicitude, dándolles prioridade aos usuarios e usuarias habituais.
Máis información no Centro de Información ás Mulleres ou a través dos teléfonos 981 700 688/638 123 460.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.