
Previstos entre abril e maio tres cursos sobre dixitalización do negocio, factura electrónica e ciberseguridade coa colaboración da Fundación Cibervoluntarios
A Concellaría de Formación porá en marcha este mes na Aula CeMIT, situada no primeiro andar do Pazo da Cultura, un programa formativo dirixido a pemes e autónomos no que contamos de novo coa colaboración da Fundación Cibervoluntarios.
A proposta, que forma parte do proxecto “Yo conecto”, inclúe tres cursos:
Dixitaliza o teu negocio: claves para destacar
Datas de celebración: 28 e 29 de abril
Horario: 16.00 a 20.00
Inscrición ata o 7 de abril: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/49861
Trámites dixitais e factura electrónica
Datas de celebración: 12 e 13 de maio
Horario: 16.00 a 20.00
Inscrición ata o 25 de abril: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/49862
Ciberseguridade: protexe o teu negocio online
Datas de celebración: 19 e 20 de maio
Horario: 16.00 a 20.00
Inscrición ata o 28 de abril: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/49864
Non deixes pasar a oportunidade!
Dentro da mesma liña de colaboración con Cibervoluntarios temos programadas outras dúas accións formativas que xa están completas: un campamento dixital para nenos e nenas de 9 a 13 anos que se celebrará durante as vacacións escolares de Semana Santa e un curso de ferramentas dixitais para a aula dirixido a docentes, que se levará a cabo no mes de maio.
Estas actuacións forman parte da iniciativa Xeración D, impulsada por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.