Wednesday 02 de April de 2025

“Investigando o lado escuro do sistema inmunitario”, tema da derradeira charla de Contando Ciencia


A doutora e investigadora do grupo Inmunidade e Pequenas Moléculas Iria Gómez Touriño será a protagonista este xoves da última charla do ciclo Contando Ciencia 2024-25, que organiza a biblioteca O segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A confererencia, que xirará sobre a investigación ao redor do sistema inmunitario, comezará ás 19.30 horas, con entrada libre e de balde até completar o aforo.

Iria Gómez Touriño é investigadora principal do grupo Inmunidade e Pequenas Moléculas do CiMUS e IDIS. Ten conseguido varias axudas e contratos altamente competitivos, incluídos dous contratos Marie Sklodowska-Curie da Unión Europea (King’s College London, Reino Unido, 2013-2015, e USC, España, 2018-2020), e máis recentemente o Career Development Award da fundación estadounidense Juvenile Diabetes Research Foundation (2023-2028). As suas principias liñas de investigación inclúen a identificación e caracterización de novos fármacos para o tratamento de enfermidades autoinmunitarias, así como o estudo das causas destas patoloxías. A Dra. Gómez é tamén inventora en tres patentes, avaliadora experta de proxectos da Unión Europea e vogal da Xunta directiva da Sociedade Española de Inmunoloxía (2022-2026).

Deja un comentario