
O martes 8 de abril ás 19:30 horas presentarase no teatro As Torres os poemarios Inspiración tiene nombre de mujer e Del desamor también se aprende de Miguel Rodríguez Rico.
A obra Inspiración tiene nombre de mujer está formada por vinte poemas e un epílogo nos que trata os aspectos da busca, o desencontro e a aprendizaxe. A temática principal é o amor, pero tamén presenta outras circunstancias como a soidade, o fracaso e a esperanza.
O poemario Del desamor también se aprende aborda o tema do desamor. Un traballo de introspección e reflexión persoal, pero tamén de paixón e lamento. Unindo melancolía e nostalxia, agradecemento e aprendizaxe, entrelázase na arte de vivir e aprender.
Miguel Rodríguez Rico é estudante de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicados catro libros: Claroscuro, Divagar, Del desamor también se aprende e Inspiración tiene nombre de mujer. Defínese como un apaixonado da literatura, destacando pola súa sensibilidade e capacidade para canalizar e plasmar as súas inquietudes de forma literaria.
No acto intervirán Miguel Rodríguez Rico e Carmen Abella Rodríguez e recitarán poemas Antón Vázquez Seoane, Eva Cotelo Pérez e Uxía Veira Parcero.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.