
No día de hoxe presentáronse as actividades culturais do mes de abril coa presenza, da concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a concelleira de Cultura, Antía Alberte máis a representante de Barbantia, Encarna Pego.
O mes de abril comeza coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo.
“En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual, artista e empresario Díaz Pardo” sinalou Rivadulla. e engadiu “comezamos esta sentida homenaxe o sábado 5 de abril cun obradoiro para nenos e nenas no que acompañados das súas familias coñecerán a vida e obra de Isaac, e participarán no Laboratorio de Formas na súa honra pintando cerámica da man de Electra Menéndez”.
É imprescindible reservar praza poñéndose en contacto con Normalización Lingüística de Ribeira no correo, normalizacion@ribeira.gal
Cruz anunciou que o seguinte sábado, 12 de abril, tamén ás 12.00 h haberá os contos de sempre para nenos e nenas, o mes dos libros, da man de Raquel Queizás coa súa obra “Travesías”.
Tamén teremos unha proposta moi acaída da man da especialista en Historia da Arte e activista Cultural, Rosario Sarmiento, quen impartirá unha conferencia o día 24 ás 20.00 h co título “Isaac Díaz Pardo. O pintor que non quixo ser artista”.
Remataremos o mes con outra proposta para público infantil, nesta ocasión facendo fincapé na importancia da transmisión da lingua galega con Vero Rilo e Luís Iglesias, que contarán e cantarán fermosos cantares en “Pelica de burra”. Esta proposta da Rede de Dinamización Lingüística pecha a programación do mes no Centro Cultural Lustres Rivas.
Por outra banda a concelleira de Cultura anunciou a presentación literaria de Jarroa de Andrea Fernández Plata o mesmo Día do Libro (23 abril), ás 20:00 h; a entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Para finalizar a representante da Asociación Cultural Barbantia, Encarna Pego, anunciou a presentación literaria de “Paspartue” do escritor Alex Pernas o 25 de abril ás 20:00 h no propio C.C. Lustres Rivas e a entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.
ABRIL 2025
CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS
Obradoiro: Pequeno Laboratorio de Formas. Electra Menéndez Obradoiro de pintura sobre cerámica para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias.
Data: 05/04/2025
Hora: 12.00 h
Prazas limitadas. Inscrición: normalizacion@ribeira.gal
Contacontos: Travesías. Raquel Queizás. Ler Conta Moito
Contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias Data: 14/04/2025
Hora: 12.00 h
Inscrición: normalizacion@ribeira.gal
Presentación literaria: Jarroa. Andrea Fernández Plata
Data: 23/04/2025
Hora: 20.00 h
Entrada libre a gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Conferencia: Isaac Díaz Pardo, o pintor que non quixo ser artista. Rosario Sarmiento
Data: 24/04/2025
Hora: 20.00 h
Entrada libre a gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Presentación literaria: Paspartue. Alex Pernas
Asociación Cultural Barbantia
Data: 25/04/2025
Hora: 20.00 h
Entrada libre a gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Pelica de burra. Vero Rilo e Luís Iglesias
FalaRedes 2025. Rede de Dinamización Lingüística
Contacontos musical para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias Data: 26/04/2025
Hora: 12.00 h
Inscrición: normalizacion@ribeira.gal
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.