Tuesday 01 de April de 2025

Incendio na cociña dunha vivenda en Teaño, no Concello de Boiro


Os bombeiros do parque provincial de Boiro acudiron a sufocar un incendio na cociña dunha vivenda baleira no lugar de Teaño, no Concello de Boiro.

O foco estaba concentrado na cociña e as lapas chegaron ao teito. Unha vez apagado o lume ventilouse a casa cun turbo ventilador e abríronse as fiestras. Fíxose tamén unha medición de gases na que se detectaron concentracións de CO2. Informouse da situación aos propietarios que indicaron que ninguén quedaría na vivenda e que se continuaría coa ventilación de xeito natural.

Nesta intervención participaron tamén os bombeiros do parque provincial de Ribeira.

Deja un comentario