Wednesday 02 de April de 2025

Incendio dun vehículo parado no arcén do Polígono de Espiñeira, no Concello de Boiro


Os bombeiros do parque provincial de Boiro acudiron na tarde de onte, venres 28 de marzo, a sufocar un incendio nun vehículo que se atopaba no arcén xusto diante do parque de bombeiros, na Costa de Espiñeira no Polígono Industrial do mesmo nome.

O coche ardía pola zona do capó e o motor. O condutor estaba fóra do vehículo.

Ao lugar do accidente achegáronse tamén os servizos da Policía Local de Boiro e Protección Civil.

Deja un comentario