
Tamén impiden o cobro das subvencións a tres entidades do municipio
A prosposta do Goberno de Alternativa dos Veciños de crear un paso de peóns á altura do número 45 da Costa do Pincho que demandan numerosos veciños e veciñas de Carral, especialmente as familias vencelladas ao instituto, foi boicoteada polos grupos da oposición e o concelleiro tránsfuga. Para intentar desestabilizar ao Goberno municipal, néganse a que se cree este paso de peóns para mellorar a seguridade viaria da cidadanía.
A oposición, neste caso o PP, tamén impediu cos seus votos que Asociación de Veciños O Rueiro , Asociación río Barcés e Asociación de Mulleres Rurais cobren unha subvención pendente de 1.000 euros.
É de lamentar a irresponsabilidade dos grupos da oposición e do concelleiro tránsfuga que no seu afán por desgastar ao Goberno están a prexudicar gravemente o interese xeral de Carral. Malia as trabas e as tentativas desestabilizadoras, o alcalde e o equipo de goberno seguirá traballando e loitando polos veciños e veciñas de Carral.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.