
O Concello de Oleiros vai investir 385.000 euros en diversas obras de mellora nas escolas infantís dos Regos e As Galeras. As obras efectuaranse este verán para causar as mínimas molestias posibles no desenvolvemento da actividade lectiva.
No caso da escola infantil A Pardela, nos Regos, a reforma integral do centro iniciada o pasado verán coa renovación de cuberta, fachadas, fiestras e parque infantil continuará coa súa segunda e definitiva fase. Nesta ocasión coas paredes interiores, pavimento, sistema calefactor, carpintería… Nesta segunda fase vaise investir 259.369 euros, na primeira o gasto foi de 408.936,16 euros.
Na escola infantil das Galeras vai efectuarse a renovación e ampliación dos pavimentos. O investimento é de 99.578 euros.
O financiamento das obras, que lle correspondía á Xunta, abordarase coas achegas que o Concello fai á escola e cunha aportación municipal. Non se podían tolerar por máis tempo os evidentes danos que presentan as escolas, que forman parte da rede A Galiña Azul e ante os que a Xunta non quixo actuar, malia as repetidas demandas por parte do Concello.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.