Monday 31 de March de 2025

Neda adxudica a cartografía dixital do municipio, imprescindible para avanzar no PXOM


O Concello de Neda acaba de adxudicar por 18.000 euros a obtención da cartografía dixital de todo o municipio. O traballo é fundamental para poder dotar á localidade do ansiado Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), obxectivo no que o goberno local trata de avanzar.

Catro firmas optaron a facerse co contrato que recaeu finalmente en Ingeniería digital y medio ambiente SL, empresa que presentou a oferta máis competitiva (14.880 + IVE).

O cometido da empresa será a produción e entrega en formato dixital, preparado para a súa obtención en Sistemas de Información Xeográfica, da cartografía (mapas a distintas escalas) de todo o municipio, a partir dos fotogramas obtidos no voo fotogramétrico contratado a finais do 2023.

Así pois, nos próximos meses a administración local disporá dun marco espacial actualizado, a unha escala cun grao de detalle suficiente para a toma de decisións relativas á delimitación das clases e categorías do solo, segundo establecen os pregos do contrato.

Deja un comentario