Wednesday 02 de April de 2025

O Pleno municipal apoia a SOS Sanidade Pública nas súas reivindicacións e rexeita a construción da macrocelulosa Altri


O plenario aprobou dúas mocións. A primeira, relacionada coa defensa do Sistema Sanitario Público Galego na que se reivindica máis atención primaria (centros de saúde e PAC dotados de persoal suficiente para todas as categorías), máis atención hospitalaria de calidade sen recortes (restitución ao sistema público dos centros privados, utilización plena dos recursos instalados, plans para reducir as listas de espera, recuperar a esixencia de dedicación exclusiva do persoal médico…) e máis sanidade pública (incrementar o orzamento sanitario, Plan de Saúde Galego que se adapte os recursos ás necesidades, recuperar as áreas sanitarias pechadas ou privatizadas…). A segunda, relacionada co rexeitamento á construción da macrocelulosa Altri no corazón de Galicia e que xerará devastadoras consecuencias para o territorio e medioambientais, desde a Ulloa á ría de Arousa pasando por todas as localidades bañadas polo río Ulla.

Ademais o pleno aprobou que o Concello de Oleiros delegue na Administración Xeral da Comunidade de Autónoma as competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ao corpo de Policía Local e auxiliares de policía, dada a obrigatoriedade de asistir a cursos de capacitación impartidos pola AGASP, previa a súa incorporación.

Deja un comentario