Monday 31 de March de 2025

O Concello impón a un madeireiro 204.000 euros de sanción por talar sen licenza municipal


Ante as numerosas actuacións ilegais cometidas por un madeireiro, o Concello impúxolle 204.000 euros en sancións por realizar talas sen licenza municipal en diversas zonas do municipio. O madeireiro, que utiliza un entramado formado por 3 empresas distintas, tamén foi sancionado pola inspección de traballo por incumprimento da normativa laboral.

 

Para evitar multas, os veciños e veciñas deben asegurarse de que os madeireiros aos que lles venden a madeira dispoñan da licenza municipal e actúen conforme á ordenanza. En moitos casos tamén se están a producir talas en montes privados sen ningún tipo de acordo previo coas persoas propietarias, que deben denunciar os feitos na Garda Civil e poñelo en coñecemento do Concello.

 

O Plan xeral e a Ordenanza de talas do Concello de Oleiros determinan a obrigatoriedade de obter a correspondente licenza municipal para poder iniciar unha tala en Oleiros, independentemente da licenza da Xunta de Galicia. Ademais é necesario cumprir coas condicións establecidas polo Concello en relación a aspectos tales como a reforestación, o coidado dos camiños ou a presentación de avais.

Deja un comentario