
Arredor das 3:50 am o parque provincial de Arteixo recibiu aviso do 112 por un incendio nunha vivenda, con posibles vítimas no interior. Ao chegar ao lugar, na rúa Avda. Cordeda de Culleredo, comprobaron que as posibles vítimas xa se atopaban fóra do domicilio e a policía local tamén se atopaba alí.
Os bombeiros trataron de acceder ao interior da vivenda, pero o incendio se atopaba moi desenrolado, afectando xa ao tellado da estrutura. Non tendo as condicións de seguridade necesarias para acceder, contiveron o lume dende o exterior para evitar que este se estendera a unha nave colindante. Precisaron axuda do parque provincial de Betanzos, que tamén se desplazou ao lugar, traballando conxuntamente ata arredor das 7:00 am. Esta mañá, continúan las labores de arrefriamento no sitio.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.