Monday 31 de March de 2025

O Sendeiro de Saldoiro de Caión recibe a Bandeira “Sendeiro Azul” por 12º ano consecutivo


O itinerario que renova o galardón é o tramo entre a praza Eduardo Vila Fano e o arroio Figueirido.

A bandeira Sendeiro Azul volverá ondear no Sendeiro de Saldoiro de Caión. Os edís José Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón representaron hoxe ao Concello da Laracha no acto celebrado en Murcia no que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) fixo entrega de todas as bandeiras outorgadas neste ano no ámbito nacional.

Sendero Azul é o galardón co que Adeac recoñece o papel das sendas e camiños de acceso ás praias como valiosos recursos para a interpretación ambiental, o desfrute da natureza e a realización de actividades deportivas e de ocio ao aire libre.

O Sendeiro de Saldoiro obtén o recoñecemento por duodécimo ano consecutivo. É o tramo do paseo marítimo de Caión de 1,5 quilómetros de distancia que vai desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido.
En toda España foron concedidos 154 Sendeiros Azuis, dos cales 54 son itinerarios galegos pertencentes a 28 concellos diferentes, 10 deles na provincia da Coruña.

Ademais do Sendeiro Azul, o Concello da Laracha tamén presentou candidaturas a Adeac para repetir en 2025 os recoñecementos de Bandeira Azul da praia de Caión e de Centro Azul de Educación Ambiental para o Museo dos Muíños de Golmar.

Deja un comentario