
• Asinaron o contrato José Antonio Santiso, presidente da Reserva, e o propio deseñador gráfico e ilustrador betanceiro, #Luis Galán
• O obxectivo é promover as accións de Mariñas Coruñesas en feiras de referencia, tanto a nivel nacional como internacional.
O presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, José Antonio Santiso, e o deseñador gráfico e ilustrador betanceiro, #Luis Galán, rubricaron o acordo mediante o cal se realizará un estudo e deseño dun modelo de caseta para a entidade e promover así as accións de Mariñas Coruñesas en feiras de referencia tanto a nivel nacional como internacional.
O acordo consolídase no marco de accións desenvolvidas no Plan de Sustentabilidade Turística da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas (PSTD): Destino de ecoturismo familiar neutro en carbono financiadas con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea e fondos Next Generation.
Esta caseta será modular e adaptable, para un transporte, montaxe e desmonte práctico, e servirá, en función da tipoloxía, para promocionar o destino en feiras de referencia, para empresas agroalimentarias certificadas, Restaurantes da Biosfera, Aloxamentos da Biosfera, guías oficiais de turismo e axencias de viaxes locais. O prezo de adxudicación foi de 14.762 euros.
José Antonio Santiso, presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, sinalou tras o acordo que “non hai ninguén mellor que #Luis Galán, con quen xa colaboramos en multitude de ocasións e o ‘causante’ da nosa actual imaxe gráfica, para ser o noso reflexo alá onde vaiamos. Estamos seguros de que será un resultado magnífico.”
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.