Monday 31 de March de 2025

O Concello de Paderne, pioneiro na celebración dun acto de benvida á comunidade


O Concello de Paderne celebrou a pasada fin de semana na Casa Consistorial un acto de acollemento civil pioneiro na súa contorna. O alcalde, Sergio Platas, oficiou a iniciativa de benvida á comunidade ao neno Menén Rodríguez Barreiro.

O acto foi proposto polos seus proxenitores, Lara María Rodríguez e Iván Barreiro, residentes en Paderne. Neste ‘bautismo laico’ tamén estiveron presentes o seu padriño, José Barreiro, e a súa madriña, Raquel Varela.

O Concello de Paderne, en nome do seu rexedor, quere agradecer a confianza depositada na institución local para dar esta benvida á sociedade ao pequeno Menén.

Deja un comentario