
Mañá, 26 de marzo, en Hi Coruña, haberá unha nova cita específica sobre mobilidade e transporte
Esta tarde celebrouse o primeiro taller de ‘Coruña Marítima’, un evento participativo dedicado á “Economía e Innovación” ao que seguirán outras citas deseñadas para recabar as opinións de persoas e colectivo de cara a definir o futuro da fachada marítima da cidade.
No primeiro taller participaron como invitados expertos da Universidade da Coruña, a Confederación de Empresarios, Cámara de Comercio, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e representantes dos polígonos industriais, entre outros. Pola UDC, asistiu o vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica, Ángel Fernández, a catedrática e investigadora da Facultade de Informática Susana Ladra e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, deron a benvida aos asistentes.
O seguinte taller será o mércores 26 de marzo, no centro Hi Coruña, ás 17 horas, e abordará a temática “Mobilidade e transporte”. Entre outros, estarán presentes entidades como Compañía de Tranvías, Mobi-Liza, o Laboratorio de Movilidad Sostible da UDC, o Foro do Transporte e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños.
En total son cinco os talleres temáticos previstos. Despois, os días 1, 2 e 3 de abril, tamén ás 17:00 horas, nestes casos no Palexco, terán lugar os últimos talleres, que tratarán sobre as seguintes áreas: “Equipamento e Usos” (1 de abril), “Actividade Portuaria” (2 de abril) e “Ecoloxía, Medio Ambiente, Auga e Enerxía” (3 de abril).
Desde a Comisión Coruña Marítima (integrada polo Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, Puertos del Estado,ADIF e a Autoridade Portuaria), invítase aos cidadáns a seguir participando neste debate, agora coa posibilidade de acudir aos talleres temáticos específicos para recabar opinións sobre o que necesitan o porto e a cidade do futuro.
Ademais, segue aberto na web www.corunamaritima.com un “buzón” de suxestións.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.