
• Percorrerán as rúas da cidade un total de 15 procesións e dous traslados, un deles forma parte por vez primeira do programa oficial da Semana Santa.
• A Procesión da Humildade, que tradicionalmente saía o Luns Santo, pasa a procesionar o Mércores Santo.
• Seguindo a rotación por orde de antigüidade, o presente ano protagoniza o cartel e elixiu ao pregoeiro a Confraría do Santísimo Cristo da Paciencia de Conxo.
• David Muriel Alonso, Presidente da Xunta da Semana Santa de Medina del Campo (Valladolid), será o encargado de pronunciar o pregón. O acto terá lugar o sábado 5 de abril ás 18 horas na Igrexa Conventual das Nais Mercedarias.
A sala de prensa do Concello de Santiago acolleu esta mañá a presentación da programación da Semana Santa 2025, na que participou a presidenta da Xunta de Confrarías, María Elena Bernárdez, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.
A Semana Santa e os desfiles procesionais, que terán lugar do 11 ao 27 de abril, complementaranse con múltiples actos litúrxicos, gastronómicos, culturais, musicais e deportivos na cidade, tal e como leva incluíndo a programación da Semana Santa nas últimas edicións. En total serán 14 as procesións que percorrerán as rúas de Compostela, ás que se suma o exercicio do Santo Vía Crucis, a histórica procesión de traslado do Cristo da Paciencia de Conxo e un novo traslado: o da Virxe da Humildade que se inclúe por vez primeira este ano dentro da programación oficial da Semana Santa. A presidenta da Xunta de Confrarías, Elena Bermúdez, tamén anunciou que a Procesión da Humildade, que tradicionalmente saía o Luns Santo, fará a súa Estación de Penitencia o Mércores Santo, con cambio de percorrido incluido. O resto de desfiles procesionais non sofren variacións este ano ao respecto de edicións anteriores.
A Presidenta da Xunta de Confrarías quixo destacar que este ano, por vez primeira, a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas confeccionará una alfombra floral o Domingo de Ramos para recibir á Procesión da Borriquita a súa chegada á Praza da Quintana. Tratarase dun debuxo coa imaxe de Xesús a montado nunha “borriquita” que realizarán un grupo de 30 alfombristas durante a madrugada do Domingo de Ramos.
Bernárdez tamén explicou que o presente ano 2025, seguindo a orde de antigüidade das confrarías da cidade, foi a Confraría do Cristo da Paciencia de Conxo a encargada de elaborar e protagonizar o cartel da Semana Santa e de elixir ao pregoeiro. Este encargo que recaeu sobre David Muriel Alonso, Presidente da Xunta da Semana Santa de Medina del Campo (Valladolid), festa que foi declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2011 ao contar coas máis antigas procesións de España. O discurso terá lugar o sábado 5 de abril, ás 18 horas, na Igrexa Conventual das Nais Mercedarias (Patio de Nais).
Dentro da actividade litúrxica integrada no programa, a Xunta de Confrarías achega un ano máis todos os actos que levarán a cabo as diferentes confrarías dende esta semana ata a propia Semana Santa, así como aqueles nos que participa o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, e que terán lugar na Catedral de Santiago.
A presidenta da Xunta de Confrarías agradeceu ao Concello de Santiago a súa á hora de confeccionar os programas, así como a prestación dos servizos de limpeza e seguridade cidadá que permiten o correcto desenvolvemento das procesións. Elena Bermúdez tamén aproveitou para agradecer a colaboración de Turismo de Galicia e da asociación de comerciantes “Compostela Monumental”.
O arcebispo da Diócese de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto, quixo poñer en valor a completa oferta de programación da Semana Santa compostelá, situándoa coma un evento acolledor e integrador, que reflexa a grande riqueza cultural, relixiosa e social da cidade. O arcebispo lembrou que durante a Semana Santa, as igrexas da cidade ofrecerán unha horario especial de apertura. Unha oportunidade, tal e como indicou, para coñecer o interior destes templos, moitas veces descoñecidos tanto para os visitantes como para os propios composteláns.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.