
O público poderá coñecer as instalacións técnicas e os sistemas de funcionamento interno do centro da man do seu persoal especializado
O Concello da Coruña organiza unha nova edición da actividade divulgativa «Viaxe ao centro do Aquarium», que terá lugar o sábado 29 de marzo no Aquarium Finisterrae. Esta proposta, que forma parte das accións promovidas polo actual Goberno municipal para achegar a ciencia á cidadanía, permite descubrir os espazos técnicos e os procesos que fan posible o funcionamento diario do acuario.
Durante a visita, o persoal técnico do centro guiará ás persoas participantes polas zonas de bombeo, filtración, laboratorio, cociña, corentenas e a sala de cultivos auxiliares. A actividade busca amosar os recursos e sistemas que se empregan para manter en condicións óptimas os millóns de litros de auga mariña que circulan cada día polos tanques do acuario, así como responder ás inquedanzas do público sobre a xestión e conservación da biodiversidade mariña.
Con este tipo de propostas, o Goberno de Inés Rey continúa a impulsar espazos de coñecemento abertos, accesibles e de interese para toda a vrciñanza, reforzando o compromiso coa divulgación científica e a educación ambiental.
A visita está dirixida a persoas maiores de 16 anos, cun aforo máximo de 12 participantes. O prezo da entrada é de 10,30 euros, sendo gratuíta para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares da Tarxeta Vente e persoas con discapacidade.
As entradas estarán dispoñibles desde as 9.00 h do mércores 27 de marzo na plataforma en liña https://ticketing.coruna.gal/mc2/trastiendaaf/.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.