Monday 02 de December de 2024

Un total de 63 centros escolares participan nun programa da Consellería de Cultura e Educación en colaboración coa Fundación Coren para promover o emprendemento entre os máis novos


O alumnado de infantil, primaria, ESO, Bacharelato e FP de grao medio poderá coñecer as instalacións da empresa e os traballo que nelas se desenvolve

Un total de 63 centros de ensino de toda Galicia participarán nunha iniciativa posta en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coa Fundación Corenpara promover o espírito emprendedor entre os máis novos. Ao abeiro desta iniciativa que se leva a cabo durante este curso 2014-2015desenvólvensecatro programas diferentes, dous deles – ‘Agroeduca’ e ‘Agroemprende’- cunha duración de 1 xornada e os outros dous – ‘Ecogranxa’ e ‘Eco FarmaKids’ cunha duración de 5 xornadas.

Estas actuacións enmárcanse no Plan Eduemprende, que constitúe o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora neste eido. O plan é liderado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e conta coa colaboración e o apoio da Consellería de Economía e Industria.

Agroeduca e Agroemprende
Un total de 35 centros de Educación Infantil, de Primaria e de 1º de ESO foron seleccionados para participar no programa ‘Agroeduca’, que se desenvolverá nas instalacións da Agroescola da Fundación Coren e que inclúe unha visita opcional á granxa de porcino da empresa. Os 1.510 alumnos participantes crearán unha cooperativa agrícola e gandeira, na que realizarán tarefas de incubación de poliños, xerminación de plantas na horta ou no invernadoiro, e de coidado de animais – pitos, coellos, porcos ou ovellas-.

Nestas mesmas instalacións desenvolverase o programa ‘Agroemprende’, dirixido ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO e de FP de grao medio e para o cal hai concedidas visitas a un total de 28colexios e 1.130 nenos. Neste caso os estudantes coñecerán a historia do cooperativismo e da propia Cooperativa Coren antes de participaren eles mesmos na creación dunha cooperativa gandeira, identificando as necesidade da contorna e ideando un plan de negocio. Entre as tarefas que terán que desenvolver atópanse o control de gastos e beneficios, o coidado da calidade dos produtos e do medioambiente ou a prevención de riscos, entre outras. En ambos os casos actividades completaranse, así mesmo, cunha visita ao Museo do Cooperativismo da fundación.