Monday 31 de March de 2025

Incendio nun colector do lixo no concello da Pobra do Caramiñal


Arredor das 6:00 desta mañá, o parque provincial de Ribeira recibiu aviso dun incendio nun colector do lixo na rúa Castelao, no concello da Pobra do Caramiñal. Ao chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que se trataba dun residuo sólido urbano que estaba ardendo parcialmente e apenas sen lapas, tendo ao seu carón cinco colectores máis que non resultaran afectados polo lume. Dúas persoas que se atopaban alí comentaron que trataran de sofocalo previamente con auga dunha fonte.

Os bombeiros procederon a rematar a extinción remexendo con auga o contido queimado. Completou o servizo unha patrulla da Garda Civil de Boiro.

Deja un comentario