Monday 31 de March de 2025

A biblioteca nedense acolle este venres a presentación da novela de misterio “El secreto de Andrea”


A Biblioteca municipal será escenario este venres da presentación en Neda da novela El secreto de Andrea, segundo libro da escritora Isabel Ramos Breijo. Unha proposta cultural, aberta á veciñanza, que forma parte da programación conmemorativa do Día da Muller.
Tras a publicación de primeiro libro de relatos curtos -Hasta el infinito y más allá- a escritora naronesa fai a súa primeira incursión no novela de misterio. A obra, publicada por Ediciones Agoeiro, está ambientada nunha aldea do Ortegal, terra de orixe da autora, que resulta ser menos apracible do que parece.
Durante o acto, que comezará ás 18.30 horas, Ramos Breijo falará do proceso de escritura e descubrirá algunhas das claves desta historia de intrigas, protagonizada por unha organizadora de eventos dunha multinacional que decide abandonar o seu traballo e volver á aldea para coidar da súa avoa. A súa chegada coincide no tempo coa dunha veciña desaparecida dúas décadas atrás, que trae secretos, misterios e vellas inimizades. As persoas que o desexen terán ocasión de mercar o seu exemplar de El secreto de Andrea, asinado pola propia autora.
A presentación literaria é unha das achegas da biblioteca municipal á programación especial deseñado co gallo do 8M, que conta co apoio do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Deja un comentario