
Rematar a Vía Ártabra ten que ser, si ou si, un obxectivo inmediato e ineludible para a Xunta, co que debe acometer de inmediato os trámites axeitados para desatascar a obra de conexión coa AP-9 desde a N-VI. A Xunta non ten que consensuar nada co Concello de Cambre, que está presionando para que a obra non se realice segundo os plans iniciais, paralizados xudicialmente por un defecto formal na tramitación do expediente.
“A Xunta non pode esperar máis tempo. Urxe a axilización da tramitación dos expedientes para poder contratar a realización das obras para conectar a Ártabra coa AP-9 na Gándara”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
Na recente enquisa municipal, esta obra foi a que máis apoio obtivo entre a cidadanía. Un 94% dos 3.000 veciños e veciñas participantes consideraron urxente e prioritario que se aborde esta conexión viaria.
A finalización da vía Ártabra faría posible desatascar a ponte da Pasaxe e a Costa da Tapia, ademais de ofrecer maiores posibilidades de mobilidade entre importantes polígonos comerciais e residenciais da área metropolitana.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.