Monday 31 de March de 2025

Arranca en Camariñas o primeiro evento de cultura ‘friki’ da Costa da Morte


● A iniciativa ‘Ponte Friki’, organizada pola Asociación PonteDisfraz en colaboración co Concello, celebrase esta finde, 22 e 23 de marzo, no polideportivo da Ponte do Porto.

● Conta con diferentes zonas: de venta de produtos, de videoxogos, obradoiros, de escenario, de actividades de ocio…

Hoxe, 22 de marzo, deu comezo o ‘Ponte Friki’, o primeiro evento de cultura ‘friki’ da Costa da Morte, que celébrase durante esta fin de semana no polideportivo da Ponte do Porto. Esta iniciativa está organizada polo Concello de Camariñas e a Asociación PonteDisfraz.

‘Ponte Friki’ aglutina, nun mesmo evento, actividades relacionadas coa cultura ‘friki’, xaponesa, gaming (videoxogos), cosplay (difraces de personaxes de series, películas, anime, manga ou videoxogos), debuxo, artesáns…

O pavillón conta con varios espazos onde realizar diferentes actividades: stands onde os artistas e artesáns venden os seus produtos; unha zona onde xogar a videoxogos (ten un apartado de xogos indie, creados por xente nova que está comezando desde cero e que se poderán probar para darlles suxerencias); obradoiros (para aprender a crear o teu sable de luz de Star Wars, creación de pezas con Lego, escribir o teu nome en xaponés, creación dun terrario Pokeball…); un escenario con charlas de diversos temas (VTubers, psicoloxía no anime, itinerario para viaxar a Xapón, concurso de Cosplay, Kpop…); e diversas actividades de ocio (paintball, Escape Room, xogo de rol a gran escala, xogos de mesa, duelos de sables de luz…).

Ademais, para hoxe, ás 21:00 horas está prevista a celebración da festa ‘PartyFriki’, na que se porá un código de vestimenta moi fácil de cumprir: só haberá que ir con calquera complemento ou roupa que se considere ‘friki’. Por exemplo, poderán entrar persoas que leven as gafas de Harry Potter e a súa bufanda. Haberá un concerto do grupo Freak Gzm, un grupo dedicado a cancións de temática ‘friki’ con repertorio galego. A entrada é gratuíta.

Os prezos das entradas para ‘Ponte Friki’ son de 3 euros por un día e de 5 euros para os dous días.

Deja un comentario