
As máis de 240 vivendas que quedaron paralizadas e a medio construír en Carral, con motivo da crise inmobiliaria de 2008 e que ofrecían unha imaxe degradada do centro da vila de Carral, están sendo adxudicadas a día de hoxe a distintos promotores e postas a venda a prezos que oscilan entre os 100.000 e 175.000 euros, dependendo dos metros cadrados de cada unha das vivendas.
Tras a xestión e as facilidades dadas á SAREB (o banco malo creado polo goberno a nivel do Estado) por parte do alcalde Javier Gestal, estase a invertir a situación creada tras a crise. O Concello de Carral está ben comunicado coa cidade da Coruña e os polígonos industriais.
A ocupación das mencionadas vivendas incrementará o comercio local e a vida social do municipio así como os recursos económicos do Concello.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.