
O propietario da finca négase a colaborar nesta importante mellora da seguridade viaria pública
A eliminación do maior punto negro para a seguridade viaria do municipio de Bergondo, en San Paio, parece que vai avanzando. A Deputación da Coruña vén de remitir á Xunta o expediente para expropiar os terreos que se necesitan para ampliar ese punto da estrada entre Guísamo e Guiliade (a DP0810).
Un vial de doble sentido que se convirte nunha angosta corredoira asfaltada no que resulta imposible circular con seguridade en coche, e moito menos camiñando.
Esta obra leva padecido máis de 10 anos de trámites, pleitos e atrancos constantes do propietario da finca, que se nega a colaborar nesta importante mellora do espazo público, mesturado co constante abandono e algúns erros no proceder das administracións competentes.
Alternativa levou o asunto en varias ocasións ao Pleno da Deputación. Agora agárdase que a Xunta responda axiña a esta demanda e a Deputación contrate inmediatamente a obra que remate con este grave problema para a seguridade viaria nunha estrada da súa propiedade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.