
Con motivo do Día da Terra Palestina, este domingo 30 de marzo ás 12:00 horas procederase á apertura da nova rúa que conecta a avenida Concepción Arenal coa rúa do Souto, en Santa Cruz. Será un acto público aberto a toda a cidadanía no que está prevista a participación dun dos principais referentes da poboación palestina en España, Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente honorífico da Fundación Araguaney Puente de Culturas, entidade que ten por obxectivo o achegamento entre as culturas española e árabe.
O lendario líder palestino Yasser Arafat entrará no honorable nomenclátor que conforman os espazos públicos de Oleiros por ter sido unha das persoas que máis loitou pola paz de Oriente Próximo, ata o punto de recibir o Premio
Nóbel. Arafat combateu desde moi novo a cruel inxustiza do imperialismo e a ocupación sionista da súa terra e liderou durante décadas o movemento para recoñecer Palestina como Estado.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.