Terá lugar o xoves, día 17, ás 16 horas na casa da cultura. Javier Franqueira, xefe do Servizo Territorial do Fogga, será o relator asistente
A casa da cultura de Ordes acollerá o vindeiro xoves 17 de marzo unha charla informativa sobre as axudas da PAC (Política Agraria Común) 2016. A cita está posta para as 16 horas e nela participará D. Javier Franqueira, xefe do Servizo Territorial do Fogga (Fondo Galego de Garantía Agraria). No relatorio, que se ofrecerá de balde e sen necesidade de inscrición previa a agricultores, agricultoras e persoas interesadas en xeral, falarase sobre os cambios introducidos recentemente na normativa, así como dos trámites para a súa correcta solicitude.