Monday 31 de March de 2025

O luns 24 de marzo abre o prazo de inscrición do programa de excursionismo Vén e descubre


O vindeiro luns 24 de marzo abre o prazo de inscrición telemática para o programa de excursionismo.

O Concello de Oleiros abre o prazo de inscrición no programa de excursionismo Vén e Descubre o próximo luns. As persoas que o desexen poden inscribirse de forma telemática desde o 24 de marzo ata o 2 de abril a través da Sede electrónica do concello: https://sede.oleiros.org/

Para inscribirse de forma telefónica seguiranse as seguintes quendas chamando ao 981 610000 en horarios de tarde (de 16:00 a 20:00 horas) e tendo en conta a xornada correspondente para cada unha das parroquias ou núcleos:

– Perillo: 24 e 25 de marzo
– Nós: 26 de marzo
– Dexo-Serantes-Maianca-Breixo: 27 de marzo
– Santa Cruz-Dorneda-Montrove: 28 de marzo e 1 de abril
– Oleiros-Iñás: 2 de abril

O día 4 de abril publicaranse os listados provisionais das persoas preinscritas. O mércores 9 de abril ás 12:00 horas producirase o sorteo e as listas de admitidos definitivas serán expostas o venres 11 de abril.

Deja un comentario