
O Concello de Muxía puxo en marcha este mes de marzo “CONVERSAS CON…”, un proxecto con vontade de continuidade que ten como obxectivo converterse nun mecanismo participativo de diálogo e debate entre mulleres, organizacións, administración, entidades, etc, para crear un espazo de confianza e impulsar as políticas de igualdade.
Ter en conta a voz e a realidade cotiá das mulleres muxiás é importante para implementar políticas de xénero que fomenten o empoderamento, a sororidade e o apoio mutuo.
“Conversas con…” comenzou o 11 de marzo con “Dende a adolescencia ata a menopausia: unha viaxe pola saúde feminina”. A temática nesta ocasión versou sobre a saúde. Contamos coa participación de persoas expertas, Dna. Alba Rey Caínzos e Dna. Irene Varela Veiga, matronas dos centros de saúde de Cee e Muxía-Dumbría, respectivamente, e máis dunha veintena de mulleres que participaron activamente.
Este venres, tivo lugar a II Edición de “Conversas con…” na que participou Dna. Eva González Devesa, nutricionista de Cee co tema “Autocoidado. Coñece as túas necesidades nutricionais en cada etapa como muller.”
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.