Sunday 23 de March de 2025

A Pobra do Caramiñal sumará 25 composteiros más nesta 6ª Campaña de Compostaxe


A Pobra do Caramiñal repetirá, por sexto ano consecutivo, a campaña de compostaxe dende a Concellería de Medio Ambiente e en colaboración con SOGAMA.

“Dende 219, instalamos xa na Pobra 217 composteiros, maiormente na zona rural. A compostaxe é unha práctica de respecto e de coidado á natureza que consegue de forma efectiva reutilizar unha parte importante dos residuos orgánicos que se xeran nas casas, á vez que supón un aforro económico” – indicou Xosé Lois Piñeiro García, concelleiro de Medio Ambiente.

Aquel veciño ou veciña que teña interese en participar desta campaña deberá achegarse ao Concello a realizar a solicitude, onde se lle explicará o procedemento. “ Por parte do Concello cólocase, de xeito gratuito, o composteiro, un aireador e unha guía. Ademais, existirá un acompañamento técnico para garantir o bo funcionamento do sistema, como nos anos anteriores” – engadiu Beatriz González Penalta, Técnico de Medio Ambiente do Concello da da Pobra do Caramiñal.

Dende a Concellería de Medio Ambiente, destacan que ata hoxe tense evitado enviar a SOGAMA ata 9 toneladas de residuos orgánicos, xerando no proceso 2 toneladas e media de compost, cunha reducción na emisións de residuos de tamén 2 toneladas e media de c02.

Deja un comentario