Saturday 22 de March de 2025

O Concello de Muxía abre as inscricións para o programa Actíva-T 2025 con novas actividades


•Obradoiro de xardinería será a principal novidade deste ano

O Concello de Muxía pon en marcha unha nova edición do programa Actíva-T 2025, dirixido a persoas maiores de 65

anos co obxectivo de promover un envellecemento activo e saudable. Como novidade nesta edición, incorpórase un obradoiro de xardinería, que permitirá ás persoas participantes aprender técnicas de coidado e cultivo de plantas, fomentando o contacto coa natureza e os beneficios terapéuticos desta práctica.
Este programa conta co apoio económico da Deputación da Coruña, o que permite que todas as actividades sexan gratuítas para a veciñanza. Ademais do novo obradoiro de xardinería, a oferta inclúe actividades xa consolidadas como memoria e estimulación cognitiva, mellora da condición física, relaxación e mindfulness, manualidades e novas tecnoloxías.
Calendario de actividades
• Obradoiro de xardinería – Abril en Muxía, Quintáns e Senande. • Memoria e estimulación cognitiva – Muxía, Os Muíños e Quintáns. • Mellora da condición física – Ximnasio Municipal.
• Relaxación e mindfulness – A partir de outubro.
• Novas tecnoloxías – Novembro.
• Manualidades – Outubro en Muxía, Quintáns e Senande.
Grazas á subvención da Deputación da Coruña, o Concello de Muxía reafirma o seu compromiso co benestar e a calidade de vida das persoas maiores, ofrecendo un programa variado que contribúe á súa saúde física e mental.

Deja un comentario