Saturday 22 de March de 2025

Muxía obtén unha subvención da Xunta para a recuperación da fonte da Igrexa


A actuación estará financiada ao 100% con 21.410,36 € a través do programa de mellora das infraestruturas turísticas

O Concello de Muxía vén de recibir unha subvención da Xunta de Galicia por importe de 21.410,36 € para levar a cabo a recuperación da fonte da Igrexa. Esta axuda, concedida a través da liña de subvencións para concellos de ata 10.000 habitantes, permitirá executar

a actuación sen custo para as arcas municipais, ao estar financiada ao 100%.
Trátase da primeira vez que Muxía accede a este tipo de subvencións, o que supón un avance na recuperación e conservación do patrimonio local. A fonte da Igrexa é un elemento histórico de grande valor para a veciñanza e a súa restauración mellorará tanto a súa funcionalidade como a integración no espazo público.
Desde o Concello celebran a consecución desta axuda e destacan a importancia de continuar traballando para captar novos fondos que permitan a posta en valor do patrimonio e a mellora das infraestruturas municipais.

Deja un comentario