
• Ana María López mantivo unha reunión con Diego Calvo para avaliar as liñas de actuación coas que liquidar os problemas existentes no edificio.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, reuniuse esta mañá de venres, 21 de marzo, co conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, para avanzar nas vías de colaboración que permitan levar a cabo o arranxo do pavillón municipal, pechado desde hai un ano e medio polos diversos problemas existentes no edificio.
O conselleiro reiteroulle á rexedora cariñesa o compromiso da Administración autonómica co municipio, algo que López quixo agradecer, destacando “a rapidez e a disposición da consellería para atender as nosas demandas”.
A alcaldesa, que estivo acompañada polos concelleiros Laura García e Alberto Bolado, comentou que “grazas á colaboración coa Xunta de Galicia poderemos empezar as obras para reformar o pavillón proximamente, algo co que atenderemos ás demandas de moitos veciños e veciñas”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.