Saturday 22 de March de 2025

O Encontro das Persoas Maiores de Ribeira supera as expectativas


· Os boletos vendéronse en menos de 48 horas

· Neste ano se introduce como novidade a exaltación dun produto local Ribeira, 21 de marzo de 2025

Segundo fontes do departamento de Servizos Sociais, presidido polo tenente de alcalde, Vicente Mariño; a venda de boletos para a comida ou encontro dos maiores de Ribeira, “foi un éxito rotundo tanto pola loxística da venda masiva como na súa celeridade, “xa que se repartiron 1.000 boletos en menos de 48 h”, sinalou o tenente de alcalde. Para a ocasión se reforzou o número de funcionarios, se incorporaron cadeiras e marcouse un fluxo constante sen interrupcións.

Maríño de Bricio manifestou que “para min este ano rompeu tódalas marcas, o aforo completouse no albor establecido e tamén resaltar que só se venderon a veciños e veciñas empadroados en Ribeira”.
Este ano se introduce por primeira vez a exaltación dun produto local e o designado para esta edición foi o Percebe de Aguiño que segundo fontes da Confraría de Carreira-Aguiño se habilitou para a ocasión a Zona de Norte que transcorre por todo o litoral costeiro dende Espiñeirido até o Feltro cos Petóns incluídos. A pesar do mal tempo os percebeiros lograron cumprir co obxectivo de capturar 200 kg do pércido marisco nunhas rochas de especial valor e risco.
Tamén haberá un servizo de autobús con saídas dende o apeadoiro ou estación de autobuses cara ao pavillón da Fieiteira.

Dende a concellería de Servizos Sociais adiantan que haberá sorpresas na comida e agradecen de forma particular aos veciños e veciñas que estiveron facendo cola para mercar os boletos.

Deja un comentario